«O risco de praga sempre está presente»

amelia ferreiroa

LALÍN

rober amado

A prevención e a información respecto de certas pragas que afectan ás patacas abordaranse en Lalín nun relatorio

06 sep 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

A Oficina Agraria Comarcal de Lalín celebrará o vindeiro 12 de setembro, mércores, ás 16.30 horas no Auditorio Municipal unha xornada técnica sobre as pragas de corentena presentes na comunidade e que veñen afectando ao cultivoda pataca. O xefe de área dos Servizos Agrarios da Comarca do Deza José Manuel Loureiro Rey será o encargado desta charla que se inclúe no plan de transferencia do agro galego 2018.

-Existe aquí risco de pragas?

-O risco de que se detecte unha praga sempre está presente. Hai que ter en conta que se levan a cabo moitos movementos polo que poden chegar en calquera momento. A idea é dar unha visión sobre o feito de que estas pragas están aí, están reguladas e teñen unha normativa europea; e ás veces tamén nacional, e para que a xente saiban dos seus riscos ante posibles aparicións.

-Prestará especial atención á Couza Guatemalteca e á pulguilla da pataca.

-Así é. Couza non temos na zona ata o momento. Está presente no norte da Coruña, Lugo e recentemente se detectou en Muxía pero as pragas móvense rápido e hai que tomar medidas para evitar que se produzan. É unha praga moi perigosa que produce danos moi importantes, cunla lexislación moi restrictiva. O importante é que non chegue. A pulguilla leva en Galicia anos e ten presenza no Deza pero non en gran medida. É unha praga á que non se lle deu ao mellor tanta difusión coma coa Couza ao non causar danos tan importantes pero está regulada a nivel comunitario.

-Como é a pulguilla?

-É un escaravello parecido ao da pataca, pequeno, de cor negro que provoca danos no tubérculo e buratiños nas follas aos que non se lle da importancia. Presenta surcos superficiais na pel pero ao pelala está sana. Estéticamente para comercializala non campa pero aquí como as patacas son maioritariamente para autoconsumo non importa.

-Incidir na prevención.

-Claro. É importante que a xente coñeza as zonas onde hai pragas e que non fagan movementos ás parcelas onde cultivan.

-Boas colleitas?

-Os fungos mermaron moito as produccións.