O san Cristóbal

Juan José Cruz

LALÍN

02 feb 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Oconcelleiro histórico máis marrulleiro da política local de Lalín, o señor Cristóbal Fernández, na súa tribuna aberta atrévese a defender a xestión deste desgoberno. Direille varias cousas. En primeiro lugar, como pode dar unha valoración positiva ao traballo do PSOE lalinense cando Nico está investigado pola Guardia Civil, un concelleiro dimitiu por un presunto caso de abuso sexual e a concelleira de Medio Ambiente da pena (xa soamente os seus grandísimos errores na tramitación do ENIL son suficiente motivo para botala fóra). O sectarismo de Cristóbal non acaba aquí. Chega a contar na súa tribuna aberta dúas mentiras máis.

A primeira que seica o seu móbil cando era concelleiro non costaba cartos ós lalinenses. Será que as compañías de teléfono lle fixeron unha oferta especial por ser vos quien sois. Naqueles tempos igual nin Internet lle fixo falta e non usou guasap, etc, ou non sabería que se pode recuperar a información dos teléfonos ou simplemente Crespo non é tan perigoso coma Cuíña e por iso o devolveu. En todo caso o que non é certo é que o teléfono que lle deu o Concello durante catro anos non lle custara un euro aos lalinenses. Cada línea que tiñan os concelleiros tiña un coste fixo, chamarán ou non por ela. Ao estar dada de alta e aínda que non a utilizara xa tiña un coste.

Outra mentira descarada é que diga que non traicionou aos seus votantes porque deixou o cargo de concelleiro en máis dunha ocasión. A máis sangrante cando dimitiu un mes despois das eleccións municipais porque non lle gustaran os resultados de 1999. Dixera que non lle gustaran os resultados. Afirmo que moitos votantes de CxG nunca volverán votar a Cuíña.

Recórdolle que o Tribunal Constitucional acaba de eliminar a lei antitransfuguismo e que Cruz permitiu que o goberno seguira en mans de Cuíña, nunca se me pasou pola cabeza a moción de censura.

Cristóbal Fernández, ao que posiblemente teño votado e consideraba un home valente, ten empregado expresións como «amañar adjudicaciones» ou «fue determinante la relación de amistad pública y notoria» en referencia ao caso de amaños. A diferencia entre el eu e que el nunca aportou probas e eu vou ter a oportunidade de argumentalas diante do xuíz. A diferencia entre Cristóbal Fernández e Cruz e que eu critico a goberno e PP e el demostra ser un antiPP por sistema. Por que Cristóbal denunciou ardorosamente antes e agora non lle estranan as coincidencias? Abanica Cristóbal porque lle vai ben a el?.

Cristóbal Fernández ten dito e non demostrar nada cousas como: «Estos procesos de adjudicación se convierten en simples montajes administrativos», «esa relación de amistad clara implicaría el deber legal del alcalde de abstenerse de participar en cualquier deliberación, votación, decisión y ejecución de cualquiera de los expedientes citados y eso no fue solo así sino que fue determinante en muchos casos, ya que a través de resoluciones de Alcaldía adoptó decisiones respeto de estos expedientes»; xa vedes se o di Cruz molesta moito, e aviso máis vai molestar. Pido a dimisión de quen perda os xuízos en trámite. A ver se Nicolás González ten que facerse non adscrito como Cruz por decisión xudicial.

Cristóbal Fernández acusou de fraude e enchufismo e agora cala por non traicionar ao partido, en fin. E por último, por que o PSOE quere máis de vinte anos despois que se paguen expropiacións na zona do Carrio, cerca de Bermés de onde é natural Cristóbal Fernández, pero parécello mal que se lles pague aos donos as propiedades afectadas polo ENIL? Veña Cristóbal, canta claro, por que abanicas a Cuíña? Ti, que fuches o político que máis lle faltaches ao pai? Señor Cristóbal, vostede non é quen de dar leccións de honestidade a ninguén, nin é vostede un santo nin é obxectivo, e demostra que só actúa por intereses políticos, igualiño que o seu amigo Santalla.