Cociñeiros locais e convidados tomarán parte no programa gastronómico que terá lugar esta fin de semana na vila
30 nov 2017 . Actualizado a las 05:00 h.A Praza da Igrexa de Lalín acollerá a celebración do Lalín con gusto, unha programación gastronómica pensada para dar a coñecer as potencialidades culinarias existentes. «É unha maneira de dar a coñecer as nosas cociñas, que son todas diferentes e con estilos e selos propios», comenta dende o Restaurante Cabanas Álex Iglesias; un dos participantes da actividade que comezará o sábado coa degustación de doces elaborados por Ana Buján do Asturiano e os cafés de Xan Martínez, de A Lareira. Unha extraordinaria oportunidade que se abre para ollar o traballo culinario de novos cociñeiros; segundas e mesmo terceiras xeracións nalgúns casos que continúan a tradición familiar asociada aos fogóns, caso por exemplo de Alberto González de Casa Currás. Unha novidosa iniciativa posta en marcha polo Concello de Lalín na que participará o sábado ás 12.30 horas o cociñeiro André Arzúa co «Reinventando o clásico». Pola tarde estará González e Davinia Rielo para a continuación da paso a Álex Iglesias que elaborará un sushi «pero modificado ao estilo do cocido; en vez de alga nori leva un papel de nabiza, en vez de arroz vai pataca e o recheo é de lacón. É un cocido pero presentado doutra maneira. É outro xeito de disfrutar do cocido», Diego López do Restaurante Molinera e Diego López Dapena, da Escola de Hostalaría Belarmino Fernández serán quenes pechen as elaboracións da noite; con degustacións ás 20 e ás 20.45 horas respectivamente.
A cociña galega en miniatura de Alberto González abrirá as actividades dominicais ás 11, para dar paso a Patricia Galego do Bodegón A Cunca e a Belén López do Gastrobar Doña Maruja. Lalín con gusto pecharase cunha demostración de coctelería que ofrecerá o campión galego nesta modalidade Xaime Rodríguez do Café Bar Kubos.