Xaxán inaugura as festas con churrasco, lacón e moito rock

Alicia Manso, j. b. LALÍN / LA VOZ

LALÍN

miguel souto

Cinco grupos serán os encargados de amenizar a noite

08 jul 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

A asociación de veciños de Xaxán sorprende este ano con un festival de rock que achegará á parroquia lalinense ata cinco grupos de música para amenizar esta noite. O campo da festa bailará a ritmo de grupos locales tales como Los Vagos de Lalín, os primeiros en traer o rock a estas terras e que logo dunha tempada desaparecidos volven con forza ós escenarios despois de presentar novo disco. Doblevida, con máis de vinte anos de historia punk ás súas costas é a outra aposta local. O resto da programación completase coa chegada de tres grupos foráneos como son Andhrea and the Black Cats que traerá consigo notas de rhythm and blues, Lonely Amy solista noiesa que versionará xunto co seu ukelele temas de artistas tan afamados como Amy Winehouse ou Elvis Presley e Querido Extraño, que estiveron presentes na pasada edición do festival Surfin The Lerez co seu horror folk.

A partires das 21.00 horas e como antesala dos concertos haberá unha jam session onde todos os atrevidos poderán improvisar. Para aqueles máis tímidos ou con menos talento musical haberá unha carpa provista de servizo de bar e ceas onde se poderá degustar churrasco e lacón ata fin de existencias.

Os concertos arrancan ás 22.00 horas e durarán ata ben entrada a madrugada. O longo da noite tamén haberá sorteos de discos e dalgunha que outra sorpresa máis que por agora prefiren non desvelar. O aparcamento é gratuito durante toda a noite e para que o coche non sexa unha excusa dispoñen dun servizo de taxis que se pode consultar en calquera das páxinas de facebook dos grupos que van a actuar.

Xaxán Rock atópase dentro da programación de este ano para as festas patronais en honor a San Cristóbal e San Bieito, que terán lugar durante os días 9 e 10 de este mes. O primeiro día, a sesión vermú estará a cargo do dúo Pachi -o cal acaba de cumprir cincoenta anos no mundo da música-, e máis tarde verbena coa Banda de Música de Vilatuxe, sorteo de becerro e actuación da orquesta D´Noche. O domingo será a festa dos chóferes, con misa e bendición de vehículos.