«Concentrámonos en Lalín para pedir un pacto educativo»

Rocío Perez Ramos
Rocío Ramos LALÍN / LA VOZ

LALÍN

Noa Madriñán e Andrea González cos preparativos da pancarta<span lang= es-es >. </span>
Noa Madriñán e Andrea González cos preparativos da pancarta. m. S.< / span>

As estudantes Noa Madriñán e Andrea González tomaron a iniciativa ante a folga estudantil de mañá

12 abr 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Noa Madriñán e Andrea González estudan primeiro de BAC no instituto Laxeiro de Lalín. As dúas, ao igual que os seus compañeiros, lles preocupa o seu futuro. Explican que «non se sabe moito do programa que imos a ter para o vindeiro curso». Recordan que «nestes momentos nin sabemos quen vai a formar o Goberno». Sinalan que «estamos en contacto cunha rapaza do Carballiño que está en contacto coas asembleas-base en Santiago de Compostela». Recordan que «o día 30 aínda se celebra a constitución da asemblea, pero avisáronnos da folga e como en Lalín non había nada, tomamos a iniciativa».

Contan que «temos un grupo de WhatsApp, e nos axudan un pouco». O que demandan é «que se derrogue a Lomce e se faga un pacto educativo cunha educación científica, laica, en galego, feminista e igualitaria».

Para mañá, día 13, convocaron os seus compañeiros a unha concentración que terá lugar ás 12.00 horas na Praza da Igrexa de Lalín.

Estas derradeiras semanas traballaron na organización. Contan que no IES Laxeiro «tivemos unha reunión cos delegados a partir de terceiro da ESO, que son os que poden ir á folga e preparamos unha lista para que se apuntaran os interesados e para informar».

Tamén se puxeron en contacto co instituto Ramón María Aller pero, din, non os viron moi interesados en sumarse. Outra cousa é en Silleda, onde puxeron carteis e apuntan que «hai rapaces implicados». O que as move, resaltan, «é defender os nosos dereitos, somos un grupo que non ten unha ideoloxía, é apolítico».

En canto o resultado da concentración, non confían en que vaia moita xente «porque en Lalín non son habituais estas cousas e a xente cústalle». Tanto a elas como os seus compañeiros lles preocupa e moito o que vai pasar o vindeiro curso. As optativas poden mudar dun programa a outro e iso lles poder prexudicar as notas, pero tamén á hora de elixir carreira, o mesmo que a incógnita de si van ter que facer o Selectivo ou outro tipo de proba ou avaliación aínda por determinar.

Noa MadriÑán e Andrea González estudantes