«O método cardiofónico é un espectáculo único e xenial»

amelia ferreiroa LALÍN / LA VOZ

LALÍN

Benxamín Otero, nunha instantánea captada onte nas instalacións do auditorio lalinense.
Benxamín Otero, nunha instantánea captada onte nas instalacións do auditorio lalinense. miguel souto< / span>

O zanfonista Germán Díaz conta de novo co lalinense Benxamín Otero con el para a xira europea deste proxecto que os levará a Francia, Austria e Eslovenia

08 jul 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

O método cardiofónico é o novo proxecto do músico Germán Díaz, «un dos mellores zanfonistas do mundo» a xuizo do lalinense Benxamín Otero que toma parte neste traballo que o levará a percorrer -xunto a Pablo Pascual, David Herrington e o propio Germán Díaz- varios países europeos dentro dunha xira que xa comezou en Rudolstadt (Alemaña), onde actuaron os pasados días 3 e 4.

-Que é exactamente o método cardiofónico?

-Germán Díaz é un apasionado do mundo da fonografía e a través de seu pai, que é médico, lle chega unha carpeta editada polo doutor Eriarte no ano 33 que é unha gravación dos sons dos corazóns de pacientes seus para que logo os alumnos os puidesen escoitar e recoñecer as cardiopatías. Un traballo editado en placas de pizarra, algo moi rara pero do que saiu este proxecto que é un espectáculo único e xenial. Soultánse os latidos do corazón e nós imos xerando un espectáculo musical que está funcionando moi ben e deu pé a esta xira europea. Falo con moita pasión disto pero é que te chame Germán Díaz, un músico que sempre me semellou moi interesante, para algo coma isto é alucinante.

-Alemaña e agora ven Euskadi, Tenerife, Andalucía, Francia, Austria, República Checa...

-A xira ven polo feito de que é un espectáculo que está gustando. Germán é coñecido a nivel internacional e o ano pasado estivemos no Womex, The World Music Expo, que se fixo en Compostela e ao que viñeron programadores de todo o mundo e no que tivemos a sorte de tocar. Semella que gustamos e aí está esta xira importantísima pero hai outra posible segunda parte que aínda é máis espectacular se é que finalmente sae.

-De todas as actuacións que lles restan, ¿con cal se queda?

-A verdade é que son todas moi interesantes dende a que faremos mañán en Durango, en Euskadi, ata a de Tenerife, Francia, Austria, Estonia e Eslovenia pero á da República Checa é moi significativa. Celébrase alí o Folk Holidays Festival e tocaremos con Matthias Loibner e Valentin Clastrier. Para moitas persoas son nomes que pouco lles dirán pero son dous zanfonistas incribles; coma Cristiano Ronaldo e Messi en fútbol. É unha das actuacións que máis ilusión me fai, a verdade. A xira imos rematala aquí, pretiño da casa, xa que será en Redondela o vindeiro 9 de agosto.

benxamín otero músico de lalín