González Pichel (Lalín): «O obxectivo é estar entre os tres primeiros»

Montse García Iglesias
Montse garcía LALÍN, A ESTRADA / LA VOZ

LALÍN

Luis González dí que pechan cun sabor agridoce.
Luis González dí que pechan cun sabor agridoce. m. S. < / span>

13 ene 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

O Lalín terminou a primeira volta cuarto da táboa con un total de 34 puntos. O adestrador, Luis González Pichel, fai análise.

-¿Que balance fai desta primeira volta?

-Quédanos unha sensación agridoce por estes últimos dous partidos, senón valorabamos como moi positiva esta primeira volta. Quédanos a sensación de que podiamos sacar algo máis, por os puntos que escaparon ante o Céltiga e ante o Portonovo doen porque foron partidos que controlamos, nos que o rival non foi superior. Eran partidos que tiñamos para nós. Tamén hai que destacar a actitude positiva dos xogadores ante situacións adversas. Pasa o partido e empezas a recuperar rápido e é o máis importante para nós. Que hai que apretar un pouco máis?. Si, agora na segunda volta hai que dalo todo, collela con moita ilusión e oxalá que estos fallos que tivemos, esas «inocentadas» como se poden chamar que nos fastidiaron os puntos, que non sucedan na segunda volta. A ver se temos esa sorte a nivel de lesións, de sancións.... Tivemos as lesións Gustavo, Bautista..., as sancións agora de Matelo e de Dani, perxudicáronnos pero son cousas do fútbol. A ver se damos mantido a ilusión e as gañas que poñen en cada partido todos. Onte (polo domingo) tamén con moita afección. Se xuntamos iso imos facer unha boa segunda volta.

-Para seguir neses postos de privilexio onde está todo moi apretado, ¿son claves estos próximos partidos?

-Sempre dixen que a nosa liga forte era agora en xaneiro. Salida co Céltiga, veu o Portonovo, agora recibimos ao Vilalonga, xogamos en Mondariz, ven o Barco, despois o Alertanavia... Temos un mes fortísimo e colleunos dende Arenteiro, colleunos nun mal momento onde non pudemos estar todos. Entón, é moi clave sacar algo positivo agora nesta fase.

-Ao principio de tempada non quería poñerse metas. Agora no ecuador, cuartos e en postos de playoff... ¿Xa é meta o ascenso a Terceira?

-Nós o que queremos é estar cos de arriba. O obxectivo é estar aí cos tres primeiros. Non queremos quedar máis abaixo. Vainos costar moitísimo, pero imos loitar por iso.

-Nesta primeira volta destacaron pola regularidade...

-A liga ten moitos altibaixos. O Barco perdeu 4-1 co Rápido Bahía, que leva sete adestradores. Os partidos hai que saír todos moi concentrados, porque se tés un erro podes perder dous ou tres partidos seguidos. É fácil. Agora temos que intentar ser o máis regulares. Amarrar ben os partidos da casa na segunda volta e arañar os que se poidan fóra. Penso que vai estar aí a clave.

Luis González Pichel CD Lalín

El análisis de los entrenadores