Esta moza lalinense rematou xa a carreira de Maxisterio e busca traballo «do que sexa» mentres estuda inglés
21 nov 2012 . Actualizado a las 07:00 h.Verónica Iglesias Porral ten 23 anos, é da parroquia lalinense de Sello e acadou isto ano o primeiro premio do concurso Dillo a quen maltrata organizado pola concellería de Igualdade do Concello de Lalín. Un galardón que este ano quedou na casa.
-¿Como recibiu a noticia?
-Chamáronme do Concello a noitiña do luns, logo de que o xurado elixira. Foi unha sorpresa tremenda, estou moi contenta. Non contaba para nada gañar.
-¿Presentouse máis veces?
-Non, presenteime a algún de relato curto e gañei un de normalización lingüística unha vez. Pero esta vez decidín presentarme no último momento. Foi por aquilo de ilo a intentar, pero sen esperanza ningunha e non contaba para nada gañar e máis sabendo que moitos dos participantes son grandes artistas. Preséntanse moita xente de fora e foi unha sorpresa incrible.
-Neste caso a carta era un poema
-Ademais de presentarme no último momento quería facer algo máis elaborado. Non algo de unhas horas, estiven unhos días dándolle voltas e non quería presentarme por presentarme, e xa de facelo escribir algo que polo menos me deixase contenta co resultado.
-¿Estudou en Lalín?
-Estiven no instituto Ramón María Aller e logo estudei Maxisterio para mestra de Primaria, pero non saen oposicións e a cousa está moi difícil. Estudio inglés avanzado na Escola de Idiomas e como teño máis tempo retomei a lectura que era algo que sempre me gustou moito,. Gústame escribir pero cando o fago sole ser para algunha convocatoria que hai e anímome.
-¿Como lle gustaría verse no futuro?
-O que me gustaría é traballar nun colexio de mestra, pero agora non se ve unha resposta por ningún lado. As oposicións non se sabe nin sequera cando van a ser e gustaríame atopar un traballo relacionado cos meus estudos, pero tal e como está todo estou buscando traballo no que sexa.
Verónica Iglesias Porral Gañadora do Dillo a quen Maltrata