O popular José López Campos, alcalde de A Estrada (21.759 veciños), aceptaría unha fusión. «Hai que empezar de cero e mirar con que concellos temos máis en común e incluso ir máis alá dos límites provinciais», di.
-¿Que lle parece ese 19 %?
-Hai que ter en conta a poboación que representan [un 32 % da total], pero é normal: ser referencia ou cabeceira de comarca, coma nós, axuda a apoialas, pero no caso dos concellos pequenos, falar de fusións é falar da súa desaparición. Aquí, Lalín e A Estrada, concellos importantes, deberían ser os eixes sobre os que pivotaría esa fusión.
-¿Por que non se fixo xa?
-Non se detectou a necesidade. Só cando as cousas van realmente mal se empeza a replantexar todo: en Galicia hai 315 concellos, só 22 pasan dos 22.000 veciños e case 200 non chegan aos 5.000... É o momento de reformulacións: Administracións, cargos públicos, competencias dos concellos...
-¿Fusionar ou mancomunar?
-Sería partidario dunha análise sosegada, tranquila e realista. Ver canto mellorarían os servizos e como se actuaría de forma máis eficaz e eficiente.
J. lópez campos alcalde de a estrada (pp)