O derbi de Autonómica pode ser definitivo

La Voz

LALÍN

12 mar 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

O multiusos Lalín Arena convértese esta tardiña (20 horas) no escenario no que o Balonmán Deza se xogará boa parte das súas posibilidades de permanencia ao medirse ao equipo veciño. O Deza e o Xabañús reeditan de novo o derbi de Primeira Autonómica, aínda que desta volta fano cas dúas escadras en situacións ben distintas.

O Xabañús, que exerce como local, afronta o encontro dende o liderato e exhibindo o seu carácter de invicto no que vai de fase. Mentres, o Balonmán Deza presentarase coa necesidade imperiosa de sumar os dous puntos se quere manter as súas opcións de continuar na categoría. Os lalinenses ocupan a penúltima praza da clasificación a un punto da salvación.