A EF Lalín lidera a clasificación de benxamíns

La Voz

LALÍN

No grupo-6 da Liga benxamín a pasada xornada rematou cos seguintes resultados: Touro 3-3 Sporting Estrada; Cruces 6-1 Sporting Estrada B; Silleda B 0-7 EF Lalín; Silleda C 2-4 EF Lalín B; Callobre 2-1 Silleda; EF Lalín C 4-1 Atlético Melide.

A táboa clasificatoria da categoría benxamín no grupo-6 queda da seguinte maneira despois dos últimos partidos: EF Lalín (37 puntos); EF Lalín B (36); Sporting Estrada (29); EF Lalín C (28); Touro (23); Callobre (21); Cruces (20); Silleda (19); Silleda C (12); Sporting Estrada B (10); Atlético Melide (5); Silleda B (4); Callobre B (1).