O BM Lalín pecha o prazo de presentación de candidaturas

La Voz

LALÍN

11 jun 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

Hoxe é o último día que os socios do Balonmán Lalín teñen para presentar candidaturas á dirección do club. O prazo pecharase ás 21 horas, e será mañá cando se dean a coñecer na asemblea de socios as candidaturas presentadas, no caso de habelas.

Ata onte, non se presentara oficialmente ningunha candidatura disposta a someterse á votación da asemblea de socios de cara a coller o relevo da actual directiva á fronte do Balonmán Lalín.