Asamblea de socios para o vindeiro venres

La Voz

LALÍN

O vindeiro venres os socios da E.F. Lalín están convocados a unha asamblea xeral ordinaria ás 21.30 horas no salón de actos do I.E.S. Laxeiro. Alí a Escola dará conta dos equipos e cadro técnico para esta tempada, presentará o orzamento e abordará outros temas de interese.