A EF Lalín B lidera a Segunda Autonómica infantil

La Voz

LALÍN

A fin de semana rematou co Estradense de Primeira Xuvenil como oitavo clasificado do Grupo 7 a pesar de caer 0-3 ante o Calo. O Cruces , que empatou 1-1 na casa do Carreira, é décimo e a EF Lalín undécima tras gañar a domicilio ao Santiago B por 1-3. No Grupo 8 da Segunda Xuvenil o Val do Ulla é segundo, cos mesmos puntos có líder, o Callobre é cuarto, o Silleda quinto, o e Rodeiro sexto.

Cadetes

No Grupo 1 da Liga Galega cadete, a Escola de Fútbol de Lalín vai terceira; no Grupo 3 de Primeira Autonómica o Spórting Estrada é cuarto e a E.F. Lalín B sitúase oitava. En Segunda Autonómica o Val do Ulla é oitavo no Grupo 8, o mesmo posto que ocupa o Silleda no Grupo 6.

Infantís

No Grupo 3 de Primeira a EF Lalín é terceira, o Spórting Estrada sitúase quinto, e o Silleda ocupa o oitavo posto da clasificación. En Segunda Autonómica, no Grupo 10, a EF Lalín B lidera a clasificación con dous puntos de vantaxe sobre o San Mamed, o Val do Ulla é terceiro, o Cruces ocupa a quinta praza e o Spórting Estrada B pecha a táboa.

Benxamíns

O Grupo 6 de fútbol 7 benxamín está liderado polo Sporting Estrada, a EF Lalín é segunda, con un encontro menos disputado, seguida pola EF Lalín B; o Callobre é cuarto, o Silleda ocupa o sétimo posto, o Cruces é oitavo, o Spórting Estrada B é noveno, o Val do Ulla sitúase décimo, o Silleda B ocupa o posto undécimo, e a EF Lalín C pecha a clasificación.

Alevíns

A EF Lalín lidera o Grupo 4 de fútbol 7 alevín con 39 puntos, tres máis có segundo clasificado, o Cruces, segundo e do Spórting Estrada, cuarto. O Silleda ocupa o quinto posto, a EF Lalín B é sexta, o Callobre sitúase sétimo na Liga, o Spórting Estrada B é noveno, o Bandeira é décimo e o Silleda B ocupa o undécimo posto da táboa. No Grupo 6, no que milita o Val do Ulla, os de A Estrada ocupan o sexto posto da táboa logo do último empate 2-2 na casa ante o equipo de Dodro.