lalín | Flora López Rey é a responsable, xunto coa súa irmá Nieves López, dun comercio de venta de roupa e calzado de maiores e de calzado para os rapaces en Vila de Cruces dende hai case tres anos. Explica que aínda que se nota a presenza e influenza das grandes áreas comerciais, os clientes continúan indo tamén o comercio tradicional.
-¿Cal foi a prenda que máis se vendeu este verán?
-Os piratas foi o que máis se vendeu, sobre todo as mulleres.
-E algunha cor que causara furor nesta tempada...
-O vermello moítisimo, incluso máis nos zapatos ca na roupa. Tamén o blanco.
-¿A súa clientela é mayoritariamente de Cruces ou tamén teñen moita de fóra?
-Ven moita das aldeas, pero tamén de fóra do municipio.
-¿Cal é a época do ano na que máis prendas se venden?
-Hai épocas nas que se vende máis que outros. No verán e no nadal é cando máis.
-Agora chegan as festas de A Piedade a Vila de Cruces, ¿segue vixente a costume de estrenar roupa para os festexos?
-Eso xa pasou. Pero algo se nota, porque hai máis movemento e as festas tamén axudan.
-¿Notan que a xente busca unha marca determinada?
-As marcas que temos aquí os que as coñecen si veñen a por elas, pero a outros dalle igual. Nos zapatos, a marca pola que máis veñen é a de Hispanitas.