14 may 2007 . Actualizado a las 07:00 h.
Iván Senra (Motoclub Deza) repetíu o domingo en Baiona o terceiro posto que unha semana atrás asinara en Tui, o que lle permite conservar a segunda praza na xeral Júnior do Galego de Enduro. Iso si, con 4 puntos menos de vantaxe sobre o terceiro, Jorge Suárez, 85 fronte a 74, e con Daniel Carracedo como virtual campión con 120 puntos. Ángel Arca (Móvete Na Moto) e Juan Iglesias (M. Deza) remataron en Baiona nos postos 12 e 13 de Promoción. Arca segue quinto na xeral. Lalín, este domingo, acollerá a próxima proba.