O Ibaser recibe a un Belenos do que ten poucas referencias

LALÍN

O partido corresponde ao encontro aprazado en novembro As dianteiras dos dous clubs perfílanse determinantes á hora de decantar o resultado

21 dic 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

O Ibaser Lalín R.C. desputará mañá o seu último encontro oficial do ano. O equipo de Primeira Nacional A recibe ao Belenos para xogar o encontro correspondente á quinta xornada do campionato de Liga, aprazado no seu momento a petición do equipo visitante. O Ibaser chega ao partido coa baixa de Maraguai, e coas dúbidas de Miluco, a causa dunha tendinitis, e Cachorro, que aínda ten molestias logo dun golpe recibido nas costelas. Salvo ausencias de última hora, o Ibaser conta con ter a disposición ao resto da plantilla. O encontro de mañá é unha incognita para o Ibaser a pesar de ter desputado encontros anteriores co equipo de Avilés. Segundo comentaba onte Otero, o Ibaser ten poucas referencias do conxunto asturiano. O que sí coñece o club lalinense son os resultados que o Belenos contabiliza no que vai de liga. Catro vitorias e dúas derrotas válenlle aos de Avilés para situarse con 22 puntos no cuarto posto da clasificación, dous por riba do Lalín. Segundo comentaba onte Otero, o último choque entre os dous clubs de Primeira Nacional rematou con bo resultado para o Belenos, se ben o Ibaser confía en acadar mañá a vitoria, ou, cando menos, sumar algún punto. Estratexias As dianteiras e os alas perfílanse como fundamentais á hora de decidir o resultado final do encontro que se desputará mañá pola tarde, ás 16.30 horas no Manuel Anxo Cortizo. Dende as filas do Ibaser Lalín R.C. Otero cré que o Belenos se amosará como un equipo completo cunha dianteira complicada, unha boa terceira liña, e xente rápida na liña. As dianteiras dos dous equipos do grupo A de Primeira Nacional serán fundamentais mañá á hora de decicir en qué lado recaen os puntos en xogo.