Lalín retoma a canastra

LALÍN

MIGUEL SOUTO

A nova etapa do baloncesto de base local comezou con forza gracias aos 15 rapaces e rapazas da Escola Deportiva Municipal

20 abr 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

Nun Concello como Lalín onde balonmán e fútbol se reparten a meirande parte dos siareiros, o baloncesto comeza a dar os seus primeiros pasos logo dunha época de ausencia nas categorías de base. O pasado outubro comezou o traballo da Escola Deportiva Municipal de Baloncesto de Lalín. Gracias a un convenio acordado entre o Concello e a Fundación Breogán, rapaces e rapazas lalinenses teñen a posibilidade de dar os seus primeiros pasos neste deporte de altura. A nova etapa do baloncesto lalinense iniciouse a comezos de inverno por todo o alto, xa que Moncho López, entrenador do Breogán e ex seleccionador nacional, estivo presente no comezo do curso. Unha visita que serviu para alentar ós novos baloncestistas e animar a máis rapaces. Creando afección Ilusión e ganas de practicar deporte é o único que precisan os rapaces para adentrarse no mundo do baloncesto, e semella que diso os lalinenses están sobrados. A pesares de que a Escola Deportiva comezou a traballar con unha decea de rapaces, actualmente son xa 15 os que martes e mércores se poñen nas mans de Ricardo Santos para adentrarse nos entresixos do baloncesto. Xogos e regras ocupan o tempo do grupo dos máis pequenos namentras os maiores buscan mellorar e perfeccionarse. A pesar de que os rapaces aínda non participan en competicións, se o deporte se afianza, todo é posible.