Presentación do libro no que se recollen as obras galardonadas na oitava edición

La Voz

LALÍN

11 may 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

O Premio de Relato Curto Varela Buxán conta con máis nomes propios nesta novena edición. Son os ourensáns Víctor Quintás González, María Teresa Araujo Vila e Pablo González Guitián quenes acadaron mencións ao igual que os lalinenses Miguel Roibás Taboada, Rosa Hernández Facal e Alba Taboada Valiño. Todos eles serán agasallados con 30 euros en metálico. O acto de entrega dos premios, que comezará as sete da tarde, será aproveitado polos responsables do departamento de Cultura do Concello de Lalín para presentar o libro da oitava edición do Premio de Relato Curto Varela Buxán, no que se recollen todos os traballos premiados na edición do pasado ano. O acto do vindeiro luns, que coincidirá coa celebración do Día das Letras Galegas, prevese sexa multitudinario ao estar convidados os gañadores das últimas duas edicións deste certame literario.