Cita do Sporting Estrada xuvenil e infantil coa fase de ascenso

La Voz

LALÍN

?s afeccionados da zona ao deporte do balompé teñen esta tarde un importante punto de interese alternativo ao Lalín. Concretamente, en Sada. Alí, no campo do Rayo Sadense (17.00 horas) , o conxunto xuvenil do Sporting Estrada xógase o seu pase á segunda ronda da fase de ascenso á Liga Galega da categoría. Os pupilos de Pitu parten coa vantaxe do 2-0 que hai unha semana conseguiran en campo estradense, e confían en que esta diferencia lles sexa suficiente para acceder á seguinte eliminatoria, xa decisiva para o salto de categoría. O encontro de hoxe chega desgraciadamente inmerso na sospeita, ao non sancionar o Comité de Competición ao futbolista do Sadense que a semana pasada fora expulsado na ida. O retraso na recepción da acta do partido é a causa oficial. Por outro lado, o equipo infantil do Sporting Estrada iniciará mañá (11.00 horas) a súa andaina na fase de ascenso á Liga Galega en Negreira fronte ao Nicrariense.