Rotondas singulares

LALÍN

EL CRISOL | O |

15 nov 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

OS CONDUCTORES que cada día percorremos as carreteras da zona atopámonos con máis rotondas. Algunhas, como as que actualmente están en A Laxe, causan verdadeira sorpresa de noite debido a que a iluminación da zona é mínima e os que non coñecen a carretera non saben por onde teñen que seguir circulando. Este venres foi un claro exemplo. Cunha chuvia que non deixaba ver case a calzada, algúns automóviles case se detiñan por completo no medio da rotonda ó non saber por onde continuaba a N-525. É de supor que esta carencia de iluminación será solucionada cando as obras estén completamente rematadas pero sempre nos acordamos que, por exemplo, na rotonda de entrada a Santiago sempre houbo unhas luces moi potentes que facilitaban a visibilidade. Pero a parte do problema concreto que nestes intres existe en A Laxe, as rotondas empezan a singularizarse. Hoxe aparece a idea do escudo de Lalín que Crespo prevé colocar nesa rotonda de A Laxe. En Silleda, elexiron o monumento á muller labrega, aínda que os automovilistas teñan certas dificultades para vela segundo o seu sentido de circulación debido a que a sinalización vertical as tapa. En Vila de Cruces, nas últimas semanas os operarios están colocando a base para unha composición do artista Paco Lareo que representará un cruce de camiños sen olvidarse do galo de curral, un elemento que Otero está intentando convertir en seña de identidade. Estas rotondas con monumentos contrastan a escasos metros con outras onde aparece algún toxo, un árbol no medio e cunha imaxe de non tocarlle nos últimos meses. Algo falla entre tanta rotonda polas que pasamos cada día.