24 oct 2003 . Actualizado a las 07:00 h.
?ifíciles compromisos os que esta tarde afrontan o Callobre e o Lalín no Grupo 1 da Liga Galega Xuvenil. O cadro estradense visita en Monforte a un Calasancio que figura terceiro na clasificación con 14 puntos, catro victorias, dous empates e unha única derrota. O Lalín, con moitos xogadores dubidosos, recibe pola súa parte no Cortizo ó Victoria coruñés, cuarto con 11 puntos, a seis dos roxinegros. Ambos encontros, a partir das 16.30 horas.