«As colaboracións para esta causa solidaria son diversas»

Amelia Ferreiroa lalín

LALÍN

Un ano máis, o salón parroquial de Lalín acollerá esta noite a cea de Manos Unidas co obxectivo de recaudar fondos para esta oenegé

03 abr 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

s. -A verdade é que estamos satisfeitos das previsións que se están a barallar en afluencia de asistentes á cea desta noite. -¿Conseguiron vostedes moitas colaboracións? -As colaboracións para esta causa solidaria son diversas. É de agradecer tódalas axudas que conseguimos. Un ano máis, os panadeiros de Lalín aportaran tódolos bolos de pan que se consuman na cea, a cooperativa Hoxe colabora con nós dándonos o leite que utilizaremos para os cafés con leite e os chocolates e o noso agradecemento vai tamén para os comerciantes da vila que, dun xeito desinteresado, donaron un montón de agasallos que sortearemos ó remate do acto. Como en anteriores edicións, haberá rifas que se poderán mercar na cea e posteriormente procederase ó sorteo dos premios entre os asistentes. -¿Cantas persoas poderían tomar parte no acto? -O salón parroquial conta cunha capacidade para trescentas persoas. Probablemente non academos esa cifra pero non estaremos moi lonxe, espero. -¿Ata cando se poden retirar as tarxetas? -Ata hoxe mesmo están á venda no café Camilo, librería Alvarellos e na igrexa. Tamén se poderán retirar antes da cea no propio salón parroquial. Lembrar que a tarxeta para os maiores custa 7 euros e para os nenos o prezo é de 3 euros.