Andar ó rebusco

LALÍN

MARCOS MÍGUEZ

Os festexos da Virxe do Monserrat, en Donramiro, concluíron onte cunha animada verbena

10 sep 2001 . Actualizado a las 07:00 h.

Nesta terra sempre hai festa. Onte eran os veciños de Donramiro, en Lalín, e os de Ventosa, en Agolada, algúns dos que botaban os últimos bailes das súas festas parroquiais. En Donramiro, o Monserrat cunha verbena a cargo das orquestras Trebol e Montecarlo. Mentres que en Ventosa as festas estiveron amenizadas por as orquestas Sintonía de Vigo, Alkar e a Banda de Beade. E hoxe é día de resaca. Hai anos o día despois da verbena o campo da festa era punto de encontro de rapaces que «andaban ó rebusco». Pero o de intentar atopar un peso para caramelos pasou á historia e no campo da festa de Donramiro e Ventosa hoxe só quedan as canas das bombas. Desperdicios Os que sí tiveron que andar rebuscando foron os encargados de limpar o Monte Faro. Eles non acudiron a buscar tesouros senón a recoller toda a basura que quedou esparcida polo monte despois da romería que se celebrou o sábado. Entre tanta festa parece que a máis de un se lle olvidou que os contenedores e as papeleras tamén existen.