«Promovemos protocolos de saúde»

AGOLADA

Cedida

José Taboada, é un dos ponentes da Xornada técnica que terá lugar a Agolada, e defende o traballo sen antibióticos no vacún de leite

29 nov 2018 . Actualizado a las 22:37 h.

Hoxe venres, organizada pola asociación O Parapeto de Agolada en colaboración con Africor Pontevedra, a Consellería de Medio Rural e o Concello de Agolada terá lugar, no Auditorio Manuel Costa Casares a IV Xornada técnica. O alcalde de Agolada, Ramiro Varela, estará na inauguración ás 11.00 horas. David Otero Lavandeira falará da importancia do benestar animal nas xatas. A segunda ponencia, a las 12.00 horas está a cargo do gandeiro e veterinario, asesor de Gav- Allfeed, José Taboada, que porá sobre a mesa un tema novidoso que é o traballo sen antibióticos no vacún de leite. Unha hora máis tarde, José Antonio Jiménez falará sobre resultados e novidades do programa xenómico. A xornada, que será clausurada despois dunha comida na parrillada Agolada por o tenente alcalde de Agolada, Héctor Martínez e o presidente de Fefriga, José Carlos Vega Rodríguez.

José Taboada, de Portomarín, defínese como «un gandeiro que estudiou veterinaria».

-No título da súa ponencia vai unha pregunta ¿é posible traballar sen antibióticos no vacuno de leite?

-Eu quero traballar sen eles. É un cambio de chip. Somos o que comemos e si comemos alimentos de animais enfermos, enfermamos. Ese concepto de vida saudable hai que levalo un paso máis alá. Todo o consumidor ten dereito a ter saúde. Eu o que pretendo é xenerar protocolos de saúde, libre de uso dos antibióticos.

-En qué consisten eses protocolos de saúde?

-Os protocolos son personalizados para cada granxa, segundo as necesidades de cada explotación e dos animais. Na saúde depende de moitos factores que hai que coidar.

-Que nos están facendo os antibióticos?

-A nos non din que temos que ter unha dieta saúdable, e o que queremos son animais sans que non precisen antibióticos. O seu uso estendeuse cada vez máis e estamos xenerando multitude de resistencias. Os alimentos que consumimos teñen un límite legal de antibióticos e estamos recibindo deles unha parte moi pequena pero de forma moi constante de eses antibióticos, que nos van facendo resistentes a eles. O que queremos é ter animais sans, que non precisen medicamentos e que nos den alimentos sans. Esas resistencias aos antibióticos son un problema .Os nosos avós comían animais sans, era unha xeneración na que moitos non probaban un antibiótico. Temos que volver a esa idea. Hoxe en día dependemos máis de alimentos procesados pero que sexan saudables e que non leven residuos de antibióticos e de hormonas admitidas legalmente. Xa que temos a posibilidade de facer algo, debemos facelo.

-Cal é o traballo da empresa da que é asesor?

-Somos un grupo de asesoramento veterinario. É unha empresa española con desenrolo internacional en distintos países de Europa como Portugal, Francia ou Austria. Eu levo toda a vida entre animais e son gandeiro.