Ventosa, sinónimo de festa

La Voz LA VOZ |LALÍN

AGOLADA

ROMÁN GUTIÉRREZ

As orquestras de maior renome de Galicia actúan hoxe e mañá na parroquia agolense A comisión leva 18 anos ó frente da organización e vén de crear unha asociación cultural

07 sep 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

Máis dun ano leva traballando a comisión de festas de Ventosa (Agolada) para que hoxe e mañá veciños e festeiros volvan a vivir uns festexos que pasan por ser dos mellores de toda a zona é que congregan a centos de persoas. Catro das mellores orquestras do panorama festeiro galego danse cita en Ventosa e alguna delas xa leva participando nas festas moitos anos. É o caso da Sintonía de Vigo, que actúa mañá, é que xa semella estar abonada ás festas a xulgar polos 18 anos que leva tocando nas sucesivas citas festeiras da localidade. A comisión de festexos, que conta cos mesmos anos de experiencia na organización, segue multiplicando esforzos para conseguir un cartel de actuacións de luxo. Este ano ademais de elaborar un libro co programa e coa historia da parroquia e da venda da lotería, impulsou a constitución da Asociación de Familias A Cudiseira, presidida por Ismael Hermida e con Inmaculada Diéguez e Antonio Diéguez como secretaria e tesoureiro respectivamente. A iniciativa non só pretende acadar axudas e subvencións institucionais que axuden a financia-las festas, senón tamén servir de trampolín para organizar outras actividaes culturais. Polo de agora toca disfrutar de dous días de festa rachada, que arrancan hoxe ás nove da mañá coa tirada de bombas de palenque.