Prácticas de galego na Estrada

La Voz

A ESTRADA

Concello da Estrada

31 oct 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Os participantes no curso de introdución á lingua e cultura galegas convocado polo Concello da Estrada e dirixido ás persoas migrantes e procedentes doutras comunidades lingüísticas desprazáronse onte ao consistorio para facer unha práctica de inmersión lingüística. Os alumnos, procedentes de puntos como Estados Unidos, México, Colombia, Venezuela, Alemaña, Murcia ou Cataluña, practicaron conversa en galego simulando distintos trámites administrativos.