Homenaxe á requinta da Ulla e a Joaquín Espiño en Berres

j. b. A ESTRADA / LA VOZ

A ESTRADA

Concello da Estrada

05 oct 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Na parroquia estradense de Berres tivo lugar onte unha homenaxe á requinta da Ulla e ao lutier Joaquín Espiño, xunto ao obradoiro de instrumentos musicais de Riobó. Baixo unha carpa no campo da festa houbo unha charla e un concerto. Na conferencia falouse das diferenzas entre a requinta e a gaita, poñendo o acento no instrumento propio da ribeira da Ulla.

No acto participaron o músico Rafael Carracedo Crespo, autor dun libro-disco sobre o instrumento e o obradoiro de Riobó. Estivo aberto ata o 2023 por falta de relevo xeracional trala xubilación de Joaquín Espiño. Tamén participou o investigador e requinteiro Gerardo Albela. A música de seis requinteiros pechou o emotivo acto en Berres.