Retratos dos Xenerais na Estrada

La Voz

A ESTRADA

28 feb 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A Casa das Letras da Estrada acolleu onte a tarde a presentación da obra fotográfica de Eutropio Rodríguez e Javier Ramos, Viva! Os Xenerais do Ulla. Neste traballo recompilaron imaxes desta tradición dos nove concellos da contorna do Ulla ao longo dende o ano 2019 ata o 2023. En concreto recolle un total de 154 instantáneas. Por outra banda, o propio Eutropio Rodríguez é coñecido no municipio por impartir varios obradoiros de fotografía na localidade.