As palabras de don Xesús

Xosé Luna Sanmartín RECANTO

A ESTRADA

Xosé Luna

15 jun 2017 . Actualizado a las 01:01 h.

O xardín da poesía «María Porto Puente» do CEIP do Foxo enfeitizouse cun galano de primavera. Soletreade en voz alta, andoriña, estralampar, cabrinfollo, leverelou, loulén, bolboreta, lóstregos, vagalume, setestrelo, brétema, home de sol, solpor, amantiño, frouma, folerpa, orballo rechouchío, remanecer, azúmara,…

A beleza das palabras. A súa fermosura. Velaí o traballo Sobre as palabras máis fermosas da lingua galega (Edicións Fervenza, 2017), a nova publicación dun amante das letras, dun lletraferit, dun dos polígrafos máis sobranceiros da historia contemporánea de Galicia, Xesús Alonso Montero.

Proxecto estético e ético

Un proxecto estético (e ético) de amor fiado de vagariño, paseniño, tecido ao longo de toda unha vida, que foi presentado -para honra de toda a comunidade escolar e de toda A Estrada- na escola infantil do Foxo.