«A maneira de percibir as cousas pode converterse nun límite»

Anxos Sumai cambia de rumbo con «A lúa da colleita».
Anxos Sumai cambia de rumbo con «A lúa da colleita».

Santiago / la voz

Unha novela, A lúa da colleita que marca un cambio no seu xeito de narrar é a que permitiu a Anxos Sumai gañar o premio García Barros, da Estrada, no que o xurado salientou a prosa límpida e as fortes doses de intriga.

-Recoñece un cambio na maneira de contar.

-Tiña que dar un paso adiante porque xa levaba tempo pensando que estaba dando voltas arredor do mesmo argumento.

-¿Cal é o xeito e o argumento novo desta novela?

-Ten que ver coa percepción que temos sobre o mundo e sobre nós e como esta percepción pode ser un límite. Trata de como nos vemos a nós mesmos e como o noso xeito de percibir altera a visión da realidade. Son os límites dun mesmo e como eses límites están condicionados por como percibimos.

-Leva un tempo sen publicar. ¿Por que?

-Primeiro porque tiña que dar un cambio, ir noutra dirección. Tamén porque non son escritora profesional e dedícolle á literatura o tempo que sobra, aínda que me gustaría que fose doutro xeito. Tamén pode ser que agora teña menos enerxía e todo vaia máis lento. Eu non publico un libro cada ano e, en certo modo, presentarse a un premio e gañalo é como volver a empezar. Ten a vantaxe da dotación económica e dunha difusión que un libro por si mesmo non pode conseguir.

Votación
3 votos

«A maneira de percibir as cousas pode converterse nun límite»