A Estrada le a Novoneyra e reivindica o uso do galego

La Voz

A ESTRADA

05 ene 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

O Día das Letras Galegas dedicarase este ano ó escritor Uxío Novoneyra. A Estrada convertiuse onte en escenario da apertura oficial dos actos conmemorativos en Galicia. Fíxoo coa celebración dunha lectura continuada da obra do autor lucense. Un total de 46 persoas participaron na lectura de textos escollidos do autor, que se prolongou durante catro horas. A lectura abreuna un fillo do autor, Uxío Novoneyra, con textos sobre a situación do galego aplicables ás circunstancias actuales. Pechouna a viúva do autor, Elva Blanco. No acto, organizado pola plataforma Queremos galego! participaron tamén, entre outros, o alcalde estradense, Rafael Cuiña, o poeta Xoán Xosé Fernández Abella e o intelectuial Avelino Pousa Antelo. Todos reivindicaron o uso do galego. » L7