13 jun 2026 . Actualizado a las 05:00 h.
Onte o escritor Gabriel Romero de Ávila mantivo un encontro cos integrantes do clube de lectura de Lalín que se desprazaron ata a Fundación Neira Vilas en Gres, no Concello de Vila de Cruces. Alí puideron departir co autor sobre a súa novela Odio, gañadora da primeira edición do premio Neira Vilas de Literatura Xuvenil e saber algo máis do proceso creativo Aínda que o encontro, formaba parte das actividades e as saídas programadas polo clube de lectura, o acto estivo aberto ao público en xeral