Queremos Galego celebra hoxe unha reunión comarcal na Estrada

a estrada / LA VOZ

DEZA

31 ene 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A plataforma Queremos Galego celebrará hoxe unha reunión comarcal na Estrada. Será ás 20.00 horas na sala Mome.

Na reunión avaliarase a situación da lingua galega e definiranse accións «para comezar a reverter a emerxencia lingüística e repoñer o noso idioma en todos os espazos nos que está excluído». Na reunión tamén se perfilará a convocatoria da mobilización social prevista para o 23 de febreiro en Santiago.