Querido Sindo e familia. Somos as túas compañeiras e compañeiros en Salvemos Catasós quen escribimos estas poucas palabras neste diario para lembrar que es para nós e para calquera persoa de ben.
Es un exemplo de que a vida longa pode ser fructífera e activa.
Es un exemplo de que as causas xustas non entenden de idade para defendelas.
Es un exemplo de memoria ligada ó territorio, porque anque vivamos nun mundo cada vez máis virtual, non deixamos de ter os pés na terra, de comer da terra, de beber da terra e de respirar o aire da terra.
Nós respiramos contigo o aire do pequeno bosque cultivado das Casas Vellas, Cerredo, Antuín, A Cabreira, O Avineiral, Quiroga, Catasós, e entre todos conseguimos que se coñecera e que moita máis xente axudara tamén a que hoxe, máis de dúas mil árbores que Fenosa ía cortar, sigan dándonos aire para respirar.
Sindo, es para nós as raíces da vida e agromar da primavera.