Concerto de Ugía Pedreira na Gargalleira

La Voz

DEZA

E CUIÑA

28 ago 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

A música e poeta de Foz, Ugía Pedreira, ofreceu un coloquio-recital na finca da Gargalleira de Trasfontao (Silleda). Un espazo único para unha cita na que a artista fundadora do Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín presentou os temas do seu último disco, Segmento Cantábrico, inscrita nas súas presenzas musicais nos que ela mesma denomina Espazos de Confianza. O concerto celebrouse nun contexto natural envexable, concretamente a carón do regato da Gouxa. foto e. cuiña