Nova quenda de cursos virtuais do Smartpeme

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

DEZA

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta semana catro novas accións formativas impartidas on line. As accións versarán sobre a utilización de Instagram enfocado á empresa, o Copywriting aplicado á web, a fabricación dixital e os motores de reservas para empresas turísticas. As persoas interesadas poden inscribirse a través do sitio web de SmartPeme na url de cada evento. Tamén é posible facelo no teléfono 886 202 020.