Vagalumes festexa as Letras o venres con música e poesía

La Voz A ESTRADA / LA VOZ

DEZA

09 may 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

A asociación Vagalumes festexará o Día das Letras Galegas cun acto público o venres 14 ás 20.00 horas na Praza da Música. O acto contará cun recital aberto de poemas de Xela Arias e unha actuación musical de Jásper, Manu García e Patti Castro. Intervirán o escritor David Otero e o presidente da Mesa pola Normalización, Marcos Maceira.