Samaín solidario

Anpa Alecrín / do Foxo

DEZA

31 oct 2019 . Actualizado a las 21:24 h.

Acomunidade educativa do Ceip do Foxo, celebrou o domingo pasado o seu primeiro Samaín Solidario. A iniciativa foi proposta pola Anpa Alecrín ás familias e ao centro e dende o minuto un foi aceptada por todos. É certo que a causa ?axudar humildemente á familia de Berres damnificada polo lume? ben o merecía, pero a Anpa víuse gratamente sorprendida polas reaccións á proposta. Familias que non podían asistir, rapidamente pediron que se recollera a súa aportación, mestres, antigos mestres, antigos alumnos, todos aportaron. Rosa ?nosa profesora de pintura? e Soei Educación contactaron con nós para ofrecerse a facer obradoiros e xogos co alumnado durante a festa. Como en toda festa tiña que haber merenda, e vaia se houbo, as familias trouxeron todo tipo de doces e preparacións para a ocasión; o único que fixemos nós foi o chocolate para mollar a rosca ?gracias Mari?; tampouco tivemos que matarnos a recoller para deixar o noso cole listo para o luns porque foron moitas as familias que colaboraron.

Foi unha velada familiar, divertida e emocionante, como emocionante foi hoxe entregarlle o recadado á familia, que nos amosou o seu agradecemento, nós xa llo transmitimos á nosa comunidade educativa.

Estamos moi agradecidas e orgullosas dunha xornada chea de valores ?cooperación, esforzo, solidaridade? que no fondo é, ao noso parecer, no que consiste a esencia dos «pequenos» colexios públicos do rural. Grazas.