O vídeo de este xove declarándose feminista e defendendo a igualdade está sendo viral
08 mar 2018 . Actualizado a las 08:49 h.Andrés Seoane Pena, ten 20 anos, é de A Bandeira e estuda en Santiago un dobre grao de Dereito e Relacións Laborais. e Recursos Humanos. O seu primeiro vídeo publicado en Facebook no que se declara feminista estáse facendo viral. Andrés estudou tamén no IES Pintor Colmeiro e onte tamén, neste caso o que fora o seu instituto, colgaba un traballo polo gallo do Día da Muller dedicado a 100 mulleres para cambiar o mundo.
-¿Como foi o do vídeo?
-A historia empezou por unha foto que subín a Instagram na que aparecía un home e unha muller e os dous loitaban pola igualdade. A maioría da xente reaccionou positivamente, pero si que houbo certas persoas que recriminaron isto, como que os homes non podían ser feministas que era unha loita so das mulleres e por iso decidín facer este vídeo. Considero que as etiquetas no fondo non son importantes, o importante é o obxectivo único que é a igualdade e que todos sexamos iguais. Con estas etiquetas o único que facemos é separar máis, desvirtuar o feminismo, porque o feminismo en si é unha corrente de pensamento que busca é a igualdade entre os homes e as mulleres. E quen pense, que espero que sexa a gran maioría da xente, e cada vez máis e máis, deberían ser considerados feministas. De todos os xeitos, chames como lle chames, creo que todos deberíamos ir a unha a por esa igualdade real entre todos, non so entre homes e mulleres, entre clases, entre razas.... Todos somos persoas e todos somos iguais.
-No vídeo dis que a túa aboa e a túa familia o que che ensinaron é a reaccionar ante as inxustizas
-Creo que iso é básico, na loita en contra do machismo, do racismo, da homofobia, porque son todas enfermidades, por así dicilo, de transmisión cultural e a medicina para solucionar esas enfermidades é a educación. A educación é o básico de toda unha sociedade. E creo que aí está o gran error, porque si estamos avanzando, pero a pasos moi moi lentos e necesitamos coa educación cambiar as cousas. Eu xa o digo no vídeo, creo que mañá (por hoxe) as protagonistas teñen que ser as mulleres porque é o Día da Muller é a loita feministas . As mulleres teñen que liderar, pero temos que estar todos a unha e ten que ser algo de toda a sociedade. O home non so pode ser feminista senón que ademais debe ser feminista. Iso é tamén un exemplo para os nenos pequenos, que vexan que o seu pai e a súa nai son feministas e loitan polo mesmo e loitan por ese obxetivo.
-Cando falas de que se avanza pouco en igualdade, as veces incluso da a impresión de que incluso se retrocede
-Si, creo que ten moito que ver coas redes sociais. Eses comportamentos de control do móvil. Agora coas redes, que antes non había o control é moito maior.
-¿Qué falta agora?
-A base ten que ser a educación, dende os máis cativos, para concienciar. Creo que o gran problema é que faltan referentes femininos para os máis novos. Necesitamos máis referente femininos. Nos libros parece que a historia so a fixeron os homes e hai moitísimas mulleres importantes que fixeron moitísimas cousas e parece que pasan desapercibidas totalmente. En calquera ámbito, no deporte mesmo, sempre quedan as mulleres como nun segundo plano.
-¿Que fas facer no 8-M?
-Eu irei á manifestación. A maioría dos profesores e profesoras non van a ir á clase. É ás 20.00 horas aquí e eu quero ir porque quero mostrar o meu apoio. Hai que simbolizar que se para a muller para o mundo, que é verdade porque é máis da metade da poboación. Pero creo que necesita o apoio de todos.
-¿A xente do teu ámbito, ves que é máis da túa opinión respecto a este tema ou non?
-Si si, de feito, hoxe moitos viron o vídeo e cando cheguei víñanme a darme abrazos dicindo que lles encantara o vídeo e que iso tiña que dicilo alguén xa. Moitísima xente, rapaces e rapazas, que non esperaba que tivera tanta resposta. É po primeiro vídeo que subo deste tipo e o fixen porque necesitaba expresar a miña opinión dalgunha forma. Cheguei a casa e escribino en dez minutos e logo púxeme a gravar. Non é un vídeo nin preparado nin nada.
-¿Fai falla un cambio?
-É un cambio moi necesario, que as mulleres cobren menos, que siga habendo un teito de cristal no século XXI é algo que ten que cambiar e que na RAE ségase falando de sexo débil asociado á muller é algo intolerable. Realmente non se está valorando o talento das mulleres. Estase discriminando dun xeito bestial. Nós sempre estudamos en Dereito como debería ser, se fala de que somos iguais pero o final na práctica so queda na teoría. Mañá (por hoxe) espero que o movemento feminista, que xa o fixo moitas veces, volte a facer historia. Creo que as asociacións feministas son supernecesarias e fan unha labor fenomenal.