Os rapaces do Foxo deseñan 105 etiquetas distintas que envolverán regalos mercados na Estrada
29 nov 2017 . Actualizado a las 05:00 h.Directivos de ACE ?o presidente Fernando Martínez e o secretario Alfonso Uzal? e ACOE ?representada polo seu tesoureiro Carlos Sinde? esqueceron onte por uns intres balances empresariais e albaráns para achegarse ao colexio do Foxo e compartir cos estudantes a presentación da quinta campaña de etiquetado en lingua galega impulsada polo centro, e que conta co apoio de ambolos dous colectivos. Bicos a moreas é o seu nome, un dos lemas que a un dos cativos se lle ocurriu nos comezos da iniciativa para expresar as emocións que sentiría ao recibir o agasallo ao que acompañaría a etiqueta.
Dende entón, os rapaces no pararon de facer deseños e frases nesta campaña que tenta levar a normalización da lingua galega máis alá do ámbito académico, explica a directora do colexio, Rosa Ferreira. Serán este ano 105 propostas distintas, que se recollerán nun total de 15.000 etiquetas que poderán empregar os comercios e empresas estradenses nas compras das vindeiras semanas. Onte fíxose xa a dixitalización de debuxos e lemas, para a impresión das etiquetas e distribución o máis axiña posible aos asociados das asociacións de comerciantes e empresarios, ás que Ferreira agradece a súa implicación na campaña.