En Argentina vivía Lola Rey, unha prima de Virxinia que viña temporadas á Estrada. Polas festas adoitaba vir á miña casa para ver a procesión desde a nosa fiestra. Un ano veu con Sofía e Irene Pereira. Virxinia xa morrera. Como Lola sabía a relación tan grande que eu tiña con Virxinia díxome: «Mariloli, ¿queres o dormitorio de Virxinia?». Tal cual, son palabras textuales. Eu quedei de pedra. Díxenlle: «Para min non, quéroo para o meu pobo». A min parecíame moito máis importante que o dormitorio fora para o pobo da Estrada, para o seu pobo. No 83 estiven en Argentina representando ó Concello da Estrada. Entonces era concelleira. Púxenme en contacto co Centro Cultural del Partido de La Estrada en Buenos Aires e eles falaron co fillo de Lola Rey, que regalou os mobles á A Estrada. Eles tramitaron o envío desde Buenos Aires para o museo estradense. Esta é a historia. No hai outra.