Acomenzos de decembro, celebramos as vodas de prata do Centro Cultural Vista Alegre de A Bandeira. Foron vintecinco anos cheos de actividades, celebracións, actos, cursiños, etc. Ao longo destes anos pasaron por este centro milleiros de persoas, creo que a inmensa maioría satisfeitos das actividades que se lles ofreceron. Moitas destas persoas que nos acompañaron nestes anos, agora xa son pais ou nais e traen ós seus fillos e volven a participar noutras actividades, deste xeito seguen dándolle vida a esta Casa que é de todos.
Sïntome orgulloso de formar parte deste edificio durante todo este tempo, e máis orgulloso, se cabe, polo caluroso acto que se celebrou este día 3 de decembro, que me quedará gravado na memoria para sempre. Pensei que iba ser unha celebración para recordar o aniversario do centro, pero convirteuse nun acto de cariño á miña humilde persoa, como traballador desta casa.
Traballo de xuntas directivas
A través destas liñas, quero agradecer o gran esforzo que realizou a actual xunta directiva desta asociación encabezada pola súa presidenta Dolores Sangiao, que me imaxino o traballo que lle custou organizar este tinglado sin que eu me enterase de nada, cousa difícil. Por outra banda, recordamos os comenzos e un pouco a historia do edificio, pero todo esto non sería posible sen o traballo que aquí deixaron todos os presidentes-as e xuntas directivas que por aquí pasaron e co seu esforzo conseguiron manter a dinámica da asociación e como non, da casa. Tamén os socios teñen o seu papel importante na historia do centro, xa que todos eles, co seu esforzo económico e moral, tamén contribuiron ás melloras que aquí se realizaron.
Ánimos para seguir traballando
Quero dar as gracias a todas as persoas que neste día tan especial para min, participaron na organización e a todas as que nos acompañaron nos actos, tanto no Centro Cultural como máis tarde na Cea do Polideportivo. Gracias ó Concello, coa súa alcaldesa Paula Fernández, Matías e demais concelleiros, Xosé Neira Vilas, grupo Fortín da Pomba, Banda de Bandeira, grupo Xirandola en especial pola súa entrañable actuación durante a cea, antigos compoñentes da Folla Revirada, Asociación dos Xenerais do Antroido, ó presentador Valentín, e todos aqueles que participaron nestes actos e que coa súa presencia nos dan ánimos para seguir traballando pola cultura.
Gracias a todos.