A política en Silleda

Aurelio Fernández Villaverde

DEZA

Xan Salgueiro quere volver ao poleiro. Como di o refrán, folla de salgueiros e vidueiros contaminan ríos e rigueiros, e a economía municipal.

Xan Salgueiro, nunhas declaraciósn que fai a un xornal nuns días pasados, di que non cree nos independentes, pois do cal lle agradezo moito, pois para el, os independentes do PPS poden ser unha mosca ou un moscón que non lle deixan ver a televisión. Tamén fala de que lle gustaría que houbera un congreso do Partido Popular, e que dese congreso vai sair un candidato á alcaldía e supoño que ao partido. Polo pobo comentanse posibles candidatos coma Toxa, Xanadú, e tamén o desa moza de Novas Xeracións, unha tal Seco, que por certo, nin sequera coñezo, e aínda que Xan Salgueiro di que non vai a apoiar publicamente a ningún deles eu coido que está claro que o congreso xa o fixo el soiño, como así facía cando era alcalde. Así lle foi ás arcas municipais, para esta persoa o resto dos concelleiros só podían levantar a man cando el lle ordenaba. Tamén di que vai moito as misas polas parroquias, para iso vale, por iso sabe facer moi ben de sacristán, porque practica moito, e se da aí saca uns votos... é unha habilidade natural del.

Naceu en Abades, pero cando se fixo a concentración en Piñeiro, Cervaña, Lamela e onde tamén entraba Abades, non foi capaz de convecer aos seus veciños que non andiveran a conseguir firmas para que non se fixese, e que se levou a cabo quince anos despois. Os seus veciños de A Bandeira pechan os negocios, pero iso ao señor Xan Salgueiro non lle importa. Nin ao señor conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, tamén algo veciño de A Bandeira.

Tamén di que estivo en contra da moción de censura. Pero amigo Xan, agora se tes capacidade de recuperar o que desfixeches, entón como se come isto, o PP antes era un e agora é outro.