Homenaxe ás Letras nos colexios

La Voz LALÍN/LA VOZ.

DEZA

Os centros escolares da zona celebraron por todo o alto a conmemoración das Letras Galegas con festivais e todo tipo de actividades. O colexio de Silleda ocupou o Auditorio de la Semana Verde e os pais puideron gozar das actuacións de teatro, poesía e música dos rapaces. O CEIP de Bandeira vestiuse de Romaría Tradicional. Non faltaron os churros ni os postos de dóces ou a música que animou a festa. Os máis cativos do colexio Xesús Golmar actuaron no Auditorio de Lalín e os alumnos do Sagrado Corazón de Lalín realizaron unha gran exposición de flores e plantas autóctonas na honra do poeta da paisaxe. Novoneyra estivo presente na mostra, engalanada con casas típicas e ata unha horta. Os actos animáronse cos sons da gaita e o baile. O colexio Xaquín Loriga de Prado levou a cabo ao longo desta semana diversos actos. Realizáronse obradoiros de creación literaria, confeccionáronse espantallos e realizouse tamén unha exposición de obxectos antigos. Entre as actividades tiveron cabida as proxeccións de películas en galego. Proxectáronse diferentes películas, adaptadas aos diferentes ciclos e onte como remate celebrouse un festival con recitado de poesías, dramatizacións e actuacións musicais, xunto cun coloquio sobre Uxío Novoneyra, a quen este ano se lle dedícanse as Letras Galegas. Onte os escolares do colexio de Rodeiro asistiron á proxección dun documental no centro cultural Manuel Lamazares.

O IES número 1 de A Estrada publicou Érase un vez , un conxunto de bandas deseñadas debuxados con técnicas dixitais polos alumnos de cuarto da ESO de Educación Plástica e Visual coordinados polo profesor Alejandro Sanmartín en colaboración co equipo de Normalización Lingüística e da biblioteca. Baixo o lema Galego por diante... orgullo constante recompílanse diversos traballos. O grupo os Cambatitiriteiros da Asociación Kambota de Rodeiro pon en escena o día 17, ás 16 horas no centro cultural Manuel Lamazares a obra Un día de escola. Ás 17 horas Rafael Cuíña presenta o libro 55 mentiras sobre o galego e ponse á venta o libro Nixas de Fernández Naval e o pintor Alfonso Costas. O prezo é 17 euros e a recadación adicarase á ONG Ayuda en Acción.