27 abr 2010 . Actualizado a las 02:00 h.
As xornadas «Xosé Neira Vilas. Da Galicia de Balbino a Galicia de hoxe», comenzaron onte na aula da Uned de Lalín para analizar non só a figura do escritor de Gres e a súa obra, senon tamén os cambios sociais nos últimos cincuenta anos, os mesmo que cumpre Memorias dun neno labrego . Neira Vilas, que dixo que era moi «gratificante» que se fixeran estas xornadas a partir dunha obra súa, escoitou ao carón dos distintos ponentes como a vían eles. O catedrático Xesús Alonso Montero -na imaxe xunto o autor cruceño- definiu a Balbino como «un marxista das silveiras» e atribuiu gran parte da difusión do libro a finais dos sesenta ao Partido Comunista. » L8