Pescar en río revolto

Manuel Cuíña Fernández

DEZA

23 abr 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Cando leo a carta de Xerardo Díaz Casal o primeiro que teño que facer é informarme. Fágome dúas preguntas: 1ª quen é Xerardo? Pois dín que é da Bandeira e a pesares de levar vivindo e traballando 43 anos neste pobo non o coñezo. A segunda pregunta que me fago é que é eso de Sálvame, e dinme que é un programa do corazón un tanto ácido que se emite todos os días polas tardes no que a estrela é Belén Esteban.

Agora entendo porque non coñezo a Xerardo, con tanta televisión non ten tempo de saír a rúa, e con eses mestres (de Sálvame) non se podía esperar outra cousa del, que pena!

Mire Sr. Xerardo vostede pode opinar do que queira (faltaría máis), é son opinións respectadas coma as de calquera cidadán, o que non pode vostede é afirmar sobre o que non coñece, non pode afirmar sobre o que pasa nos plenos porque nunca alí estivo, e en consecuencia non pode atreverse a dicir que outros tocan en playback porque vostede non toca en playback nin de oído, vostede simplemente non sabe o que é a música. Infórmolle que os plenos cambiaron o seu horario agora son polas mañás de tal xeito que xa pode vostede seguir as dúas cousas, os plenos e Sálvame.

Ao BNG en xeral e ao seu líder Matías en particular, direilles que me da pena que intente pescar en río revolto, cando o río é o noso Concello, algo que para a maioría dos silledenses é a cousa máis querida que temos: O Noso Pobo. Así o pon de manifesto cando no pleno da moción de Censura pon a todos a mesma altura, aos que traballamos por este Concello e máis os que se queren quedar con el. Tamén cando nun pleno afirma que todos os gobernos seguiron empeñando ao Concello, obviando que hai unha conta de resultados do 2008 aprobada por ampla maioría do pleno, que di que o goberno do PSOE reduciu a débeda nese ano. Cando afirma que o Concello pagou 28.000 euros para a Festa da Empanada, sabendo que son cartos que pagan as distintas Administracións pola condición de Festa de Interese Turístico, a que máis paga, por certo, é a Dirección Xeral de Turismo, este ano case 16.000 euros estando ao seu fronte ata fai pouco un home do BNG.

O máis triste é que por rabuñar un puñado de votos entre nunha negociación na que o Concello ten a posibilidade de cobrar un montón de cartos dicindo que só lle corresponden unhas calderillas. O de menos é se ten ou non ten razón no que lle corresponde cobrar, o grave é que a Institución a que vostede representa tiña máis posibilidade de cobrar antes que vostede falara das que ten agora. Os comerciantes e empresarios de Silleda que ían a cobrar parte das súas débedas con estes cartos estaranlle moi agradecidos.

Sr. Matías teña coidado co río, é moi perigoso e máis cando hai enchenza, non vaia caer nel e desapareza.