Non hai dúbida de que o progreso debe ir coa dignidade das persoas. Non toda novidade ou velocidade ten porque ser progreso. Non vale calquera cousa. Pero si hai alterniativas que nos poñen nos camiños da vida e das tradicións (que sempre son modernas) como é debido. A cousa venlles por mor de exercer defensa dunha das obras máis significativas -auténticas- do xeu xénero en Galicia. Falamos dos Pendellos de Agolada.
Moitas veces nos xuntamos, convocados polos afectos na determinación clara de quen somos, ao redor desas pedras vellas (vivas) perfectamente dispostas para que os nosos encontros fosen perfectos. Eran así, unhas pedras vellas (vivas), coa color do tempo que prateaba as súas formas, as súas disposicións graníticas que soamenete podían reflectir a esencia singular destas terras de Agolada. Eran si, unhas pedras vellas (vivas) e conformaban o ambiente atinado e idóneo para nos xuntar celebrando vida. Esa vida que se argumenta e reconforta do pasado e dos devanceiros, que mira o futuro coa esperanza garantida nos alicerces desta terra que pisamos postos en pé, da mesma terra e das pedras que nos abrigan, que recollen e protexen os nosos alentos, os nosos sorrisos, os nosos ditos, as cantigas e os contos, os poemas e relatos, que polos tempos a ir fomos tecendo primorosamente. Foi (dicimos xa en ido) un lugar entrañable e irrepetible?, pois coidalo non souberon e tampouco arestora saben que os elementos máxicos que nos arrodean están vivos?pero desánganse. Hoxe deitan sangue os Pendellos de Agolada e con eles sangan os corazóns de moitas e moitos, (ai Pintor? o de Quián, quen te verá meu ben de acendido!). E dicimos de moitas e de moitos que no seu día e para sempre, memoria viva, acudimos á cita nese lugar acariñado. E así tamén nós sangamos de mágoas e carraxe ao notar e ver a falta de amor sensible que algúns amosan e, sen máis miras, arrasan este lugar que temos ao noso sol nos pendellos. Pasan coa máquina da modernidade e a lugar das lousas de sempre naquel chan van e colocan pedra cortada artificiosa, mesmo de cores rechamantes e formas modernistas que se copian de catálogos neutros con formas que nos son alleas totalmente. Lousas por outra cousa.
Tristemente, o reflectir certo do que pretenden é agochar, que non se vexa a nosa auténtica presenza na vida e na historia construída ( en futuro) na verdade de existencia e identidade. Dan a ver que o noso aborrece. Iso que tanto nos namora e nos enche.Unha mágoa de dolor inmedible?! Temos que saber claramente - e non vale poñerse tristes e si dar a cara- que os peores traidores son aqueles que un día foron escravos e serven cegos a intereses bastardos. Todos saben moi ben, directores e dirixidos, onde han dar para que máis doia? Días han vir sen dúbida para celebrar o triunfo da verdade para restituír e valorar o que posuímos e puidemos ter. Virán días de ando de noso e consonte ao que este pobo, o do galego, foi construíndo entre logros non faltos de sufrimentos.
Quen hoxe fan este mal nos Pendellos de Agolada quizabes non o entendan nunca e non deixa de ser triste porque puidieron aprendelo e sentirse ben con eles mesmos. Tamén cos elementos que nos conforman auténticamente vivos. Días virán?sabemos?para pararlle os pés a tanto desatino. Marica Campo, Helena Villar, Fina Casalderrey, Esperanza Bouzas, Concha Rodríguez, Carmiña Soutomaior, Carme Varela, Aurichu Pereiras, A.C. Xermolos de Guitiriz, Alfonso Blanco Torrado, Xosé Manuel Beiras, Gonzalo Constenla, Mini e Mero, Avelino Pousa, Xoán X. Fernández Abella, Xesús Rábade, Xosé Estévez, Raúl Galego «O gaiteiro nubeiro», Paio de Lalín, Paco Lareo, Isidro Novo, Xabier P. Docampo, Xosé Lois García, Cipriano Jiménez, Xosé Luna, Lois Ferradás, Carlos Negro, Celso Sanmartín, Miro Villar, Paco Martín, Xosé Valle Díaz, Heitor Picallo, Mirocasabella, Ángel L. Utrera.