El colectivo de Bandeira manifesto ayer: «Dende a actual xunta directiva da Asociación Amigos da Empanada queremos decir un NON con maiúsculas a ?moción de censura? coa que constantemente ameazan ó actual goberno de Silleda. Primeiro, porque este goberno sempre axudou a esta directiva na celebración das festas de Bandeira. Eles foron quen de voltar a conseguir o peche da rúa xeral para as festas. Paula, a nosa alcaldesa, estivo sempre pendente da organización, incluso nos axudaron na montaxe da carballeira. Puxo o noso dispor todolos traballadores e medios necesarios para adecentar e limpar o noso pobo. Acompañou aos veciños na celebración da Festa da Empanada, e como unha veciña máis, asistiu o domingo os diferentes actos relixiosos e festivos».
«Outro motivo para decir NON a posible moción de censura, é que quen decide o goberno do noso concello somos os cidadáns nas urnas non uns ?concelleiros?, que non teñen nen sequera claro de que cor política son. En resumen, como de ben nacidos e ser agadecidos, o lóxico é dar as grazas a quen te axuda, e sobre todo se o fan de verdade sen esperar nada a cambio», dice el colectivo.
«Por todo isto, o domingo día 20, as seis do serán, queremos pedirlle o pobo de Bandeira que nos acompañen a Silleda para defender a decisión popular que lle otorgou democráticamente a alcaldía a Paula Fernández Pena. Grazas Paula, grazas actual goberno de Silleda, e tamén grazas a todolos que dun xeito ou outro nos axudastes na organización das festas», concluye.