«Ir ao certame de Holanda é un soño feito realidade»

Amelia Ferreiroa

DEZA

Para finais de xuño podería estar na rúa o quinto traballo da banda que foi gravado en Santiago a pasada semán

05 may 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

Saisfeitos se amosan os músicos e o presidente da Banda Artística de Merza da gravación levada a cabo os pasados días 2 e 3 no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, do vindeiro doisco da formación.

-Foi moito traballo, intenso e duro. Adicámoslle bastantes horas pero xa está, e pensamos que o resultado final será bo. De feito acabamos incluso antes do previsto. O sábado estivemos gravando dende ás dez da mañán ata ás oito e media da tarde con só un descanso de hora e media para comer, e o domingo estivemos toda a mañán ata as tres que foi cando os técnico dixeron que estaba ben e que aí remataba a gravación.

-Que imos atopar, ¿un disco ao que a banda nos tén acostumados ou unha novidade?

-Puntualizar que é un disco pero que se van editar dous xa que un deles é unha recollida das actuacións en directo da banda nos certames nos que participamos nos últimos tempos. O outro disco será un traballo agradecido para os que o escoiten. Un disco con temas populares que pretendemos que sexan moi cercanos ao público.

-A falta dos últimos retoques, ¿para cando a saída deste quinto traballo?

-A intención é que poida estar listo para finais de xuño ou para os primeiros días do mes de xullo. A pretensión é que cando comecen os distintos certames de bandas xa o teñamos nas nosas mans e que nos serva de material de promoción, e para poder venderlo aí onde vaiamos.

-Nos vindeiros meses teñen vostedes pechadas varias actuacións, ¿a máis importante é a de Holanda?

-Ir ao certame de Holanda é un soño feito realidade. É un desexo que se materializa despois de anos pensando no Worl Musica Contest, que cada catro anos se celebra na localidade de Kerkrade, e para o que nos inscribimos no mes de novembro de 2008. Por primeira vez na historia dúas bandas de música da comarca -e de Galicia- Merza e Lalín estaremos participando nese prestixioso certame que é moito máis que un certame de bandas. Nós, en principio tocaremos o 24 de xullo e a Banda de Lalín penso que será o 1 de agosto.

-¿De que xeito van sufragar desprazamento e estadía?

-Estivemos en Cultura, co anterior goberno, e foron moi receptivos á demanda. Agora esperamos que se manteña a axuda que nos prometeron para poder ir a Holanda. Contamos coa colaboración do Concello e a Deputación tamén nos botará un cable e a banda aportará o 20 ou o 25% do custe, que é o normal. O que non pode a banda é afrontar aos 100.000 euros que supón a participación neste certame ao que iremos cen músicos.